19/4/12

A Importancia de ler




 De onde veñen os coñecementos do home? De onde a cultura? Moitos dos nosos soños? A resposta non ten perda: da lectura. Unha das capacidades que nos diferencia dos animais que ,a pesar de todo, non todos teñen o privilexio de coñecer. Un dos poucos entretementos hoxe en día vixentes que non dañan a nosa saúde, senón que, en vez diso, axudan a ampliar o noso coñecemento, aportarnos ilusións, facernos formar parte dunha historia fantástica,etc. Agora ben, que pasaría se a lectura deixa de formar parte da nosa vida? Xa estamos na primeira fase, á hora de elixir entre un libro e unha partida na videoconsola, non cabe dúbida da opción que escollemos, que vén despois? Non o quero imaxinar. Pero se en vez diso rexurdira o afán pola lectura? A resposta neste caso tamén é fácil: melloraría o noso vocabulario, a nosa cultura xeral, a nosa capacidade de atención, a nosa capacidade de comprensión, a fluidez á hora de falar, e un longo etcétera do que non somos conscientes, así que velaí a importancia de ler, lemos?.
Alumnos de 1º de Bacharelato

No hay comentarios:

Publicar un comentario