23/5/12

Traballos sobre Celso Emilio Ferreiro.

Este audiovisual foi realizado polo ENDL  do IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia) para conmemorar o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. Mirádeo porque paga a pena, é o resultado dunha combinación de recitados, música, e boa documentación. Parabéns aos responsables.



Cada vez van sendo máis numerosos os traballos escolares arredor da figura de Celso Emilio. Un dos meus preferidos é o que fixeron os meniños do CEIP de Sequelo, xa publicado hai tempo no seu blog  os ghatos misteriosos ,  e que é unha mostra do bo facer de moitos mestres . Velaquí queda para que o desfrutedes:

1 comentario: