A guía de Sada que mostramos a continuación, é o resultado dun proxecto de traballo dentro do programa Galicia: para vivírmola deseñado e desenvolvido no noso centro para o alumnado de PDC ( Programa de diversificación curricular) baixo a coordinación do profesor Xosé Seoane Cao .
Este documento , resultado da suma de traballos escolares nun longo proceso, recolle a información máis relevante do concello de Sada e compleméntase cun folleto turístico , unha presentación audiovisual , unha exposición de hórreos , cruceiros , fontes e lavadoiros e un documental ( que tamén publicaremos neste blog en breve). Dedícase o traballo a Isaac Díaz Pardo , galeguista histórico e exemplo a seguir, no ano do seu pasamento.
Parabéns por este traballo tan ben feito e do que todos nos sentimos orgullosos.
ResponderEliminarNoraboa, unha vez máis, dende A Esperela!
ResponderEliminarParabéns por ese traballo riguroso e ameno.
ResponderEliminar